Ir o contido principal

Continúan en agosto as rutas a pé e en bicicleta á Cidade da Cultura

A Fundación USC Deportiva continúa en agosto coas actividades para visitar a Cidade da Cultura a través de rutas de sendeirismo e en bicicleta. As persoas interesadas en rodar ao Gaiás disporán dos días 14 e 21 para facelo, mentres que hai máis datas para as que se decidan pola camiñada: os días 1, 8, 15, 22 e 29. Para a inscrición nestes programas e o resto de información pódese visitar a páxina web www.fundacionuscdeportiva.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.08.2012.