Ir o contido principal

"O contorno laboral segue a ser maioritariamente masculino"

Ana Paula Pereira participou este venres nun coloquio do congreso
Ana Paula Pereira participou este venres nun coloquio do congreso
Afírmao a profesora da Universidade do Minho Ana Paula Pereira na última xornada Congreso Novas e Vellas Cuestións das Investigacións das Mulleres e do Xénero

“O contorno laboral segue a ser maioritariamente masculino porque se repiten as estruturas tradicionais do doméstico onde a muller ocupa un papel secundario”, segundo afirmou este venres a profesora da Universidade do Minho, Ana Paula Pereira, no Congreso Internacional Novas e Vellas Cuestións das Investigacións das Mulleres e do Xénero. No mesmo coloquio tamén participaron as docentes da Universidade brasileira Victoria da Conquista, Lívia Diana Magalhaes, e da Autónoma de Barcelona, Marina Subirats.
Xa pola tarde, o encontro pecha coa conferencia de clausura que correrá a cargo da profesora da Universidade alemá Koblenz, Elisabeth de Sotelo. Presentada pola responsable das xornadas Rita Radl, aborda os aspectos relevantes do pensamento feminista.
Co fin principal de establecer un espazo de discusión sobre investigacións das mulleres e do xénero, o congreso organizouno o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC xunto co Comité de Socioloxía do Xénero da Federación Española de Socioloxía (FES).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2008.