Conversas con parlamentarios sobre a democracia

Medio cento de estudantes de Filosofía tiveron este xoves a oportunidade de conversar cos ex parlamentarios galegos Xesús Veiga Buxán, Xosé Sánchez Bugallo e Ramón Santos Pérez acerca do cometido do Parlamento e da súa función como instrumento ao servizo da democracia.
Precisamente a promoción dos valores da democracia, concepto filosófico amplamente estudado no grao, é o obxectivo do programa no que se enmarca esta visita e que, organizado pola propia institución lexislativa, é a primeira vez que se desenvolve na USC.
De esquerda a dereita, Ramón Santos, Sánchez Bugallo, a decana Nieves Herrero e Xesús Veiga. Foto: Servimav