Ir o contido principal

Convocadas dúas bolsas para estudantes da USC que en 2012-2013 vaian realizar intercambio con universidades de Iberoamérica

A Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización convoca dúas bolsas dirixidas a estudantes seleccionados para facer intercambio no curso 2012-2013 en universidades de Iberoamérica coas que a USC ten asinado convenio bilateral. Esta liña de axudas están asociadas ao programa de bolsas ‘Fórmula Santander’. Todas as persoas interesadas en optar a esta convocatoria deberán inscribirse de xeito obrigatorio antes do 13 de maio na páxina www.becas-santander.com onde está habilitado o enlace a este programa de bolsas. O inicio da estadía de intercambio deberá comezar antes do remate de 2012 e as persoas seleccionadas recibirán 5.000 euros. Máis información na web de USC Internacional (http://www.usc.es/es/goberno/vrrelins/portal_internacional/outros_paise…).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2012.