Ir o contido principal

Convocadas as eleccións ao Claustro universitario para estudantes

A Universidade de Santiago acaba de convocar as eleccións para renovar os representantes do alumnado no Claustro Universitario, que terán lugar o 4 de maio.

Neste proceso pode participar o estudantado matriculado en titulacións oficiais e diplomados superiores, que ata este martes 15 pode comprobar na web electoral, de xeito individualizado, se está incluído no censo provisional. O definitivo coñecerase o 4 de abril, cando se abre o prazo de presentación de candidaturas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2016.