Ir o contido principal

Convocadas eleccións para renovación de representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento

A Comisión Electoral Central convocou as eleccións para renovar representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento. O censo provisional está exposto ata o 17 de novembro e as eleccións, por votación electrónica, serán o 18 de decembro.

Para as eleccións nas Xuntas de Centro (Facultades e Escolas) está convocado o PDI sen vinculación permanente e investigadores en formación, o estudantado de grao e máster e o PAS. Nos Consellos de Departamento renovaranse os representantes das restantes categorías de PDI e do persoal investigador en formación, o PAS e o alumnado de doutoramento, grao e máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2017.