Ir o contido principal

A convocatoria de prácticas do Consello Social remata o 28 de febreiro

O Consello Social atópase na Casa da Concha (r/ da Conga)
O Consello Social atópase na Casa da Concha (r/ da Conga)
A convocatoria de prácticas do Consello Social remata o 28 de febreiro

O Programa de Prácticas Extracurriculares do Consello Social achega a oportunidade de realizar prácticas de carácter non obrigatorio pero si complementaria para a formación integral do alumnado, figurando tanto no expediente académico como no Suplemento Europeo ao Título. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 28 de febreiro.

O alumnado interesado en participar deberá estar matriculado nun grao da USC, e non terá cuberto o número máximo de créditos de prácticas externas nin realizado o depósito do título. As persoas interesadas poderán elixir realizar a práctica entre as prazas ofertadas da convocatoria do Consello Social ou ben nunha entidade ou empresa da súa elección, para o que será preciso establecer un convenio de colaboración educativa específico. Neste último suposto, o/a estudante que propiciara o convenio terá dereito preferente e por unha soa vez a desenvolver as prácticas na entidade asinante.

Independentemente da opción elixida, o alumnado interesado deberá presentar a súa solicitude en formato orixinal no Departamento de Prácticas do Consello Social. A selección de candidatos realizarase tendo en conta a media do seu expediente académico, agás as candidaturas por adxudicación preferente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2022.