Ir o contido principal

A creación de empresas científicas con perspectiva de xénero, obxecto dun foro impulsado dende Innovatia 8.3

O foro servirá para destacar a obrigación, a necesidade e a oportunidade de traballar a ciencia con perspectiva de xénero, e que esa ciencia se transfira do mesmo xeito
O foro servirá para destacar a obrigación, a necesidade e a oportunidade de traballar a ciencia con perspectiva de xénero, e que esa ciencia se transfira do mesmo xeito
O programa da USC e do Instituto das Mulleres súmase á iniciativa da Universidade de Granada ‘SonPioneras’ nun encontro que analizará os rumbos de xénero nos procesos de transferencia
Lugo, Santiago de Compostela

O programa conxunto da USC e do Instituto das Mulleres Innovatia 8.3 únese á iniciativa da Universidade de Granada ‘SonPioneras’ para analizar os rumbos de xénero nos procesos de transferencia e creación de empresas de base científica. Baixo o lema ‘Coñecemento, transferencia e creación de empresas científicas con perspectiva de xénero’, o foro desenvolverase o vindeiro 6 de xuño e a inscrición pode formalizarse a través desta ligazón.  

“Hai que destacar a importancia da organización deste foro, para reforzar o estudo de xénero da I+D+i na comunidade autónoma de Andalucía, xa que é un territorio moi amplo, con moitos centros de investigación e universidades que poden achegar datos e reflexións sobre o papel das mulleres na ciencia, e a necesidade de definir indicadores con aval científico que avalen os datos á hora de analizar os rumbos de xénero”, apuntan dende Innovatia 8.3.

O foro servirá para destacar a obrigación, a necesidade e a oportunidade de traballar a ciencia con perspectiva de xénero, e que esa ciencia se transfira do mesmo xeito, engadindo a particularidade dunha forma de transferencia, como é a da creación de empresas de base tecnolóxica. O foro subliñará a importancia da Economía Feminista como o “medio para que se fagan todos estes procesos de transferencia con perspectiva de xénero”, engaden dende a organización do evento. O foro desenvolverase na Universidade de Granada e estará dispoñible en streaming.

A USC e o Instituto das Mulleres desenvolven conxuntamente o programa Innovatia 8.3 co obxectivo de fomentar o espírito empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, ademais da creación dun modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e no proceso de creación de empresas de base tecnolóxica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2022.