Ir o contido principal

Cómo crear un proxecto fotográfico, novo obradoiro da USC

O próximo 13 de febreiro comeza en Santiago un taller de creación dun proxecto fotográfico, desde a formulación inicial ata a súa edición en soporte impreso. No obradoiro, dirixido por Fuco Reyes, realizarase un seguimento individualizado de cada proxecto e comentaranse aspectos técnicos e de creación na fotografía dándolle protagonismo á evolución da mirada persoal. Cunha duración de 14 horas, o curso impartirase os días 13, 18, 20, 25 e 27 de febreiro e 4 e 6 de marzo en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2013.