Ir o contido principal

A CRUE rexeita o procedemento seguido co Real Decreto Lei de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo

Solicita a convocatoria do Consejo de Universidades para trasladar ao ministerio a súa opinión sobre cuestións de “tanta transcendencia” para o sistema universitario

A Conferencia de Reitores de Unidades Españolas (CRUE) acaba de celebrar unha Asemblea Xeral Extraordinaria en Cádiz na que participou o reitor compostelán e onde a Conferencia mostrou o seu apoio ao comunicado do seu Comité Permanente Ampliado no que “rexeita de forma rotunda o procedemento seguido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes” en relación ao Real Decreto-Lei de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo. No comunicado, as institucións universitarias critican deste xeito que “medidas de vital importancia no funcionamento e xestión das universidades foran coñecidas a través dos medios de comunicación e da publicación no Boletín Oficial do Estado” do citado decreto.

Asegurando que “’así non’ vamos a mellorar a noso sistema universitario”, o Comité Permanente Ampliado da CRUE reitera “a nosa vontade de colaborar no estudo das reformas necesarias que permitan que o sistema universitario español manteña o seu desempeño comparable ao dos mellores sistemas universitario do mundo”.

A CRUE solicita ademais ao ministro José Ignacio Wert a “convocatoria urxente” do Consejo de Universidades e incluír na orde do día da xuntanza o estudo desta nova norma, coa finalidade de que as universidades poidan trasladar ao Ministerio as súas opinións sobre “cuestións de tanta transcendencia” para o sistema universitario.

Neste senso, a CRUE rexeita “categoricamente” os argumentos defendidos polos Ministerio que apuntan ao insuficiente traballo de profesores e estudantes para xustificar as medidas incluídas no Real Decreto-Lei. Ao tempo, “a preservación da excelencia académica e a paralela satisfacción do principio de igualdade de oportunidades non atopan, por contra, enunciación explícita na citada norma”.

Ligazóns relacionados:

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2012.