O segundo cuadrimestre das escolas deportivas comeza o día 17
A vindeira semana, concretamente o día 17, ábrese o segundo cuadrimestre das Escolas Deportivas, agás atletismo e tenis que son anuais. A de natación, que xa se iniciou, continúa a ter prazas para adultos e nenos.
Ese mesmo día, e ata o 24 de febreiro, comezarán as xornadas de intercambio de actividades e portas abertas. Para máis información e inscrición, os interesados deben acudir ás Oficinas da Área de Deportes, na Piscina Universitaria.