Ir o contido principal

O Cuarteto de Contrabaixos ofrece un concerto no Círculo das Artes de Lugo

O Cuarteto de Contrabaixos ofrecerá este xoves, día 18, ás 20:30 horas no Círculo das Artes de Lugo un concerto enmarcado no ciclo ‘Clásicos en ruta’ que organiza a AIE e no que, coa finalidade de dinamizar a actividade de novos artistas, a Universidade de Santiago participa por primeira vez. A entrada ao recital é libre.
Este cuarteto naceu en 1991 na Escola Superior de Música Raíña Sofía baixo o auspicio do mestre Ludwig Streicher e está integrado na actualidade por Raquel de la Cruz, Sergio Fernández, José Andrés Reyes e Álvaro Yepes, catro novos pero sólidos músicos que conforman esta pouco común formación camerística. En Santiago e Lugo ofrecerán un programa con obras de Bretón, Zamacois, Mozart, Brahms ou César Franck, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2007.