Ir o contido principal

Un curso afonda na mercadotecnia territorial e as telecomunicacións

Está aberto o prazo de preinscrición da actividade formativa, organizada polo Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxías e Territorio

As persoas que o desexen poden inscribirse ata o vindeiro 1 de marzo no curso de ‘ Mercadotecnia Territorial e Telecomunicacións’ da USC, organizado polo Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxías e Territorio (Gis-t). A actividade formativa ten por obxecto capacitar aos alumnos na análise e discusión de casos de planificación e mercadotecnia no espazo internacional; aplicar metodoloxías comerciais en municipios concretos, á vez que proporcionar o estudo do impacto das telecomunicacións no desenvolvemento económico rexional. O curso, que se levará a cabo entre o 20 de marzo e o 20 de xullo, impartirase a través do sistema de formación en liña avanzado e aulas presenciais, o que suporá a obtención de 10 créditos, a metade dos cales deben lograrse para superar o curso. Os interesados poden obter máis información a través da dirección web http://www.gist.es/public/index.php?pid=home&categoria_pag=1. A mercadotecnia territorial é unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe da marca de lugares, cidades ou concellos en función do seu modelo de desenvolvemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2011.