O curso sobre o cambio climático clausúrase cunha mesa redonda con representantes políticos galegos
O curso ‘Influencia e consecuencias do cambio climático en Galicia’ clausurarase este xoves, día 24, ás 17:30 horas no Colexio Maior Fonseca, cunha mesa redonda na que representantes políticos galegos explicarán as accións para paliar os seus efectos negativos.
Na mesa de debate participarán o deputado do BNG no Parlamento Galego Fernando Blanco; a deputada e voceira de Medioambiente do PSdG-PSOE, Laura Seara; e o presidente da Comisión de Medioambiente do PPdG, Xosé Manuel Álvarez Campana.
O acto estará presidido polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán, e moderado polo profesor de Ciencia Política da USC, Xosé Luís Barreiros Rivas.