Ir o contido principal

Curso gratuíto de defensa persoal feminina para as mulleres da comunidade universitaria

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC inicia as actividades da Campaña contra a violencia de xénero coa organización dun curso gratuíto de defensa persoal feminina dirixido ás mulleres da comunidade universitaria (alumnas, PAS e PDI). O curso, enmarcado na oferta do Servizo de Deportes, trata de proporcionar unha formación básica en estratexias e prevención ante posibles agresións. Serán dous martes de outubro e outros tantos de novembro a elixir horarios de mañá ou tarde, co mestre nacional de judo Alexandre Cadarso Suárez como profesor. O prazo de inscrición comeza este xoves 9. As actividades desta campaña responden ao obxectivo específico 21 (implementar un programa de prevención da violencia de xénero no contexto universitario) do II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2014.