O curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira achegará formación teórica e práctica a corredores noveis de máis de 16 anos

A terceira edición do Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira celebrarase o vindeiro mes de abril dirixido a corredores noveis maiores de 16 anos co organizado pola Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC. O seu programa inclúe un bloque teórico, os días 11, 13 e 15 de abril, e outro práctico os días 19, 21, 26 e 28 do mesmo mes, cunha duración de 6 horas cada bloque. O curso impartirano Xabier Castro e Xiana Guerra, ambos os dous licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte es especializados no adestramento deportivo e no atletismo.
O curso busca dar resposta á cada vez maior afección ás carreiras populares, nas que se xuntan atletas profesionais ou federados cun elevado número de afeccionados ao deporte sen ningún tipo de formación deportiva ou preparación específica. O alumnado participante adquirirá coñecementos sobre o adestramento e a adecuada práctica deportiva, con especial atención ás carreiras populares de entre 5 e 12 quilómetros e a súa preparación, así como métodos de adestramento, técnicas de carreira e estirada.
Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade deberán formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Fundación USC Deportiva. O prezo do curso é de 90€ e as prazas son limitadas para un máximo de 20 participantes, polo que recoméndase realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación.