Ir o contido principal

O curso de innovación Akademia Project clausúrase este martes

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, asiste este martes 10 á clausura da edición 2015-2016 do curso de innovación Akademia Project da Fundación da Innovación Bankinter. No acto, a partir das 14.00 horas no Edificio Emprendia, participan tamén o director da fundación, Sergio Martínez-Cava Camacho, e a directora do proxecto Akademia, Lara García de Vinuesa.

O obxectivo do proxecto Akademia , creado en 2006 pola Fundación Innovación Bankinter, é influír na educación e actitude innovadora dos líderes do futuro motivándoos para asumir de maneira protagonista o reto do cambio.

O curso ‘innovación 360º’ está dirixido a estudantes de último ano de carreira, de máster e doutoramento, aos que se lles ofrece una formación complementaria altamente valorada por empresas e institucións. Este curso gratuíto ofertouse a 30 estudantes da Universidade de Santiago, e actualmente está funcionando en 11 universidades de España.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2016.