Ir o contido principal

Un curso en liña analiza en detalle as particularidades do programa Horizonte 2020

Uniemprende organiza a segunda edición dun curso en liña que ofrece aos profesionais encargados da xestión de I+D, tanto no sector público como privado, información a estrutura, posibilidades de participación e mecanismos de xestión de Horizonte 2020, o novo programa marco europeo para a I+D+i no período 2014-2020. Este proxecto é unha instrumento financeiro para implementar a Unión pola Innovación, unha das iniciativas emblemáticas da Estratexia Europa 2020 que busca asegurar a competitividade europea a nivel global a través dun crecemento intelixente, sostible e integrador. O prazo de inscrición rematará o 10 de marzo, O curso que se desenvolverá do 12 de marzo ao 23 de abril presenta a nova estrutura de Horizonte 2020, e abordará todos os aspectos relacionados coa preparación dunha proposta e a xestións dos proxectos aprobados, incluíndo os aspectos de propiedade intelectual e industrial. O programa consta dunha parte teórica, que inclúe textos para cada un dos módulos e referencias a material complementario na web, e un importante compoñente práctico con cuestionarios tipo test e exercicios prácticos relacionados con cada un dos módulos e que representa situacións prácticas ás que se enfrontará un/ha xestor/a de proxectos no seu día a día. En total, o curso conta cunha carga lectiva de 40 horas e unha dotación de prazas limitada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2015.