Ir o contido principal

Un curso on line explica as vías de financiamento para Empresas de Base Tecnolóxica

Co obxecto de comprender as características e problemáticas asociadas á posta en marcha dunha Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) nas súas fases iniciais, o programa Uniemprende organizará ao longo de 40 horas lectivas a terceira edición do curso en liña ‘Financiamento de Empresas de Base Tecnolóxica’. Esta acción formativa está dirixida a emprendedores e emprendedoras de proxectos tecnolóxicos de carácter innovador, persoal que traballe dentro da área de asesoramento á creación de empresas; así como a todas aquelas persoas interesadas en desenvolver proxectos destas características. O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición remata o 23 de abril. O programa docente amosará as distintas alternativas de financiamento existentes para unha EBT facendo especial fincapé no capital risco, as súas características e mecanismos de actuación, así como os pasos necesarios para a elaboración dun correcto plan de empresa. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Uniemprende no correo electrónico uniemprende [at] usc.es (uniemprende[at]usc[dot]es) ou no teléfono 900 100 981, ou por medio da web www.uniemprende.es.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2015.