Un curso monográfico de Tai Chi pecha as actividades de 2014 da Fundación USC Deportiva

A Fundación USC Deportiva rematará o ano coa celebración dun curso monográfico de Tai Chi o próximo 13 de decembro para o que, aínda que cubertas as prazas, se mantén aberta a inscrición para formar parte da lista de agarda. Ademais este mesmo luns celebrouse a derradeira xornada do cuarto obradoiro de técnica de relaxación e meditación como ferramentas de saúde, iniciado o pasado mes de outubro. Este obradoiro acadou unha moi favorable avaliación por parte dos/as participantes. De cara a 2015 a Fundación USC Deportiva xa traballa nas actividades formativas do próximo ano onde continuarán algunhas das actividades levadas a cabo durante este ano ademais de ampliar a oferta con novos cursos e obradoiros.