O curso sobre novas fronteiras na igualdade de oportunidades aborda en Lalín a prostitución e outras violencias

A sétima edición das xornadas sobre Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0 estará dedicada á educación afectivo sexual, prostitución, trata e outras violencias. Celebrarase no Auditorio Municipal de Lalín do 12 ao 15 de xullo baixo a dirección de María José Méndez Lois e de Mª Jesús Payo Negro.
O curso ten unha carga lectiva de 30 horas nas que se dará repaso a cuestións relacionadas coa pedagoxía sexual, propostas para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico, a violencia de xénero, os estereotipo dende a moda, as paternidades positivas como factor de prevención, os imaxinarios da prostitución, o mito da libre elección ou a invisibilización da trata, entre outros temas.
Para tratar este abano de temas, o encontro contará coa achega de expertos e expertas procedentes das Universidades de Valladolid, Complutense de Madrid e Rey Juan Carlos, así como de centros de secundaria, artistas e activistas de movementos sociais relacionados co xénero.