Ir o contido principal

Curso de orientación laboral para profesionais e estudantes de Veterinaria no Colexio Oficial de Lugo

O seminario ‘Como vender e non morrer na tentativa’, impartido por Nacho Peón, desenvolverase os venres, de 17.00 a 19.15 horas, ata o 21 de febreiro

O Colexio de Veterinarios de Lugo acubillará a partir do vindeiro venres, 17 de xaneiro, un novo curso de orientación laboral para profesionais e estudantes de Veterinaria. Este seminario, que se desenvolverá baixo o título ‘Como vender e non morrer na tentativa’, será impartido polo veterinario e comercial da Pfizer Nacho Peón.

Este seminario formativo, que presenta a dimensión comercial como unha das posibles vías de inserción laboral que poden atopar os titulados en Veterinaria, afonda en cuestións relativas á empatía, relacións profesionais, negociación ou xestión de conflitos. As distintas sesións formativas programadas neste curso terán lugar todos os venres, desde o 17 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2014, na sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo en horario de 17.00 a 19.15 horas. As persoas que estean interesadas en asistir a esta actividade formativa, poden formalizar a súa inscrición a través do teléfono 982 24 11 93. Tamén se pode obter máis información no enderezo de correo electrónico lugo [at] colvet.es (lugo[at]colvet[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.01.2014.