Un curso propón como conseguir equipos de traballo que rendan ao máximo
Cómo dirixir, teorías do liderado, a motivación, estilos de dirección, comunicación, traballo en equipo, mellora do liderado e conflito e negociación son os aspectos que se van abordar ao longo de 30 horas nun curso de xestión de equipos que organiza a Escola de Negocios Uniemprende. A preinscrición aínda se pode formalizar ata o próximo luns 26.
O curso busca transmitir a mellor maneira de conseguir equipos de traballo que rendan ao máximo, aproveitando o potencial de cada membro do grupo e facendo que as metas persoais, grupais e empresariais se cumpran. Ademais, nas distintas sesións programadas proporcionaranse aos participantes técnicas baseadas no comportamento dun líder dependendo da situación.
En horario de 16:30 a 19:30 horas, as sesións celebraranse os días 3, 10, 13, 19, 20, 25, 26, 27 e 31 de maio e o 1 de xuño, na Aula de Formación do Edificio Emprendia. Ademais, a participación nesta xornada formativa poderá validarse por un crédito de libre configuración para as persoas que así o desexen.