Ir o contido principal

Un curso sensibilizará ao profesorado na necesidade de promover actitudes emprendedoras

O Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) incorpora á súa oferta formativa para docentes un curso que busca sensibilizar ao profesorado na necesidade de promover actitudes emprendedoras entre o alumnado incorporando estas competencias en calquera materia, xa que se trata de cuestións de carácter transversal. O curso, promovido pola Cátedra Bancaja de Emprendedores Novos, ten un carácter novidoso xa que aínda que se trata de competencias transversais é un tipo de formación xeralmente extracurricular que se desenvolve a través de accións concretas e actividades promovidas por profesores e centros. Ademais e como sinala a directora da Cátedra Loreto Fernández, o programa docente proposto ten especial importancia para o futuro profesional dos titulados, tanto en termos de mellora da empregabilidade como de capacidade para poñer en marcha os seus proxectos empresariais. Do 26 ao 28 de xuño, as sesións deste curso impartiranas os profesores da Universidade de Valencia Vicente Ramón Torcal e José Manuel Comeche Martínez, ao que se sumará unha sesión de experiencias prácticas na USC a cargo dos profesores Senén Barro, Javier Sardina, Antonio Rial e Elena Vázquez, xunto aos emprendedores Fernando Martínez, de Xpert e Esther Rodríguez, de Devalar. A inscripción xa se pode formalizar a través da web do PFID .

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2012.