Curso de técnica vogal para docentes
A profesora do Departamento de Didáctica e organización escolar da USC Julia Diz López impartirá os días 7 e 14 de maio un curso de técnica vogal para docentes dirixido principalmente ao persoal investigador en formación e noveis que impartan docencia. A actividade enmárcase na planificación anual da recén constituída Asociación de Investigadoras e Investigadores Herminio Barreiro, que na busca por cubrir as necesidades formativas do profesorado universitario centrarase este primeiro ano en dúas ferramentas esenciais como son a voz e a plataforma virtual moodle. O curso trata de dotar aos futuros docentes dos recursos e estratexias fundamentais para o desenvolvemento da súa profesión nas mellores condicións vocais ademais de prever problemas de voz derivados dun uso incorrecto. As persoas interesadas en asistir dispoñen de prazo ata o 6 de maio para inscribirse.