Ir o contido principal

Un curso de verán aborda en Lugo a posta en marcha das instalacións industriais

O deseño e a execución de diferentes instalacións industriais será o eixo do curso de verán que a USC desenvolverá entre os días 21 e 23 de xullo no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo. O decano do centro, Francisco Fraga, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera, dirixen estas xornadas que teñen unha carga lectiva de 16 horas. Os relatorios correrán a cargo de nove enxeñeiros que abordarán a posta en marcha de instalacións de gases licuados de petróleo así como de instalacións eléctricas, frigoríficas, térmicas, neumáticas e de climatización.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2010.