Un curso de verán abordará o proceso de avellentamento e curso vital cun enfoque multidisciplinario

A Universidade de Verán da USC abordará o proceso de avellentamento e curso vital cun enfoque multidisciplinario ao analizalo dende o punto de vista demográfico, biomédico, económico e cultural. Baixo a dirección da profesora María Xosé Rodríguez Galdo. O curso celebrarase do 4 ao 7 de setembro no Centro de Estudos Avanzados da USC cunha carga lectiva de 30 horas. Nos tres primeiros días, as intervencións relacionarán o avellentamento co cambio demográficos e o proceso de modernización socioeconómica, a perspectiva biomédica da demografía galega, proxeccións de poboación e contorno socioeconómico, prolongación da esperanza de vida versus custos financieiros, avellentamento activos e novas tecnoloxías ou aspectos psicolóxicos, biolóxicos e neurolóxicos deste proceso vital. Haberá tempo tamén para unha mesa redonda sobre a vellez e a arte.
No derradeiro día presentaranse os resultados do proxecto ‘Doadores de tempo. Unha valoración en perspectiva de xénero do traballo de coidados e da achega ao benestar por parte das persoas lonxevas’ do equipo RIDHEM. Para acadar máis información sobre o programa e o proceso de matrícula, as persoas interesadas poden consultar a web http://www.usc.es/cultura/uveran10_12.htm.