Ir o contido principal

Un curso de verán de biomedicina céntrase nas análises de célula única

Un curso de verán de biomedicina céntrase nas análises de célula única
Un curso de verán de biomedicina céntrase nas análises de célula única
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2012

Entre o 16 e o 20 de xullo o profesor Anxo Vidal desenvolverá no Aulario Novoa Santos e no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) o curso de verán ‘ Análises de célula única: Novas aproximacións ás ómicas en biomedicina’. A proteómica de célula única, os últimos avances en técnicas de secuenciación masiva, a análise de células tumorais circulantes ou os horizontes en bioloxía celular, desde a xenómica de célula única ata a migración de poboacións celulares en organismos completos, son algúns dos temas a tratar no curso, que tamén contempla varias sesións prácticas de microscopía e citometría. Ademais de persoal experto da USC, formarán parte do claustro de docentes membros do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, do Instituto de Investigación en Biomedicina de Barcelona, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), do Instituto de Investigación do Vall d’Hebron así como de empresas relacionadas co sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2012.