Un curso de verán explorará as fronteiras da fototónica e das tecnoloxías láser

As Facultades de Física e Óptica e Optometría acollerán entre os días 16 e 20 de xullo o curso de verán ‘ Fronteiras da fototónica e tecnoloxías láser’que dirixe María Teresa Flores Arias. No curso intervirán docentes das Universidades de Santiago, A Coruña, Vigo, Minho (Portugal) e do Centro de Investigación Científica e Educación Superior de Ensenada (CICESE) de Baixa California (México), que ao longo das cinco xornadas do curso profundarán nas distintas aplicacións tecnolóxicas do láser. Ademais dos relatorios desenvolveranse cinco talleres de fotónica na óptica visual, de interferometría holográfica e de Speckle, de procesado de materiais con láser, de emprego de telescopios e unha observación nocturna. Ademais, como colofón terá lugar unha mesa redonda na que se analice a fotónica no tecido empresarial e na que participarán representantes de CTAG, AIMEN e T-Solar.