Ir o contido principal

O curso de verán sobre a prestación de servizos sanitarios no século XXI profundará nos eventos adversos

Entre os días 2 e 5 de setembro o curso ‘A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI’ celebrará a súa terceira edición para abordar os eventos adversos, tanto dende a perspectiva da prevención e xestión de riscos como dende a óptica da esixencia de responsabilidade e aseguramento. Participarán como relatores profesionais da sanidade e o dereito así como investigadores das universidades de Santiago e Vigo cun abano de temas nos que se revisará a nova cultura sanitaria na era Twitter, o Sistema Español de Notificación en Seguridade en Anestesia e Reanimación, a normativa comunitaria sobre doazón e transplante de órganos ou casos de boas prácticas en calidade e seguridade a través do benchmarketing, entre outros asuntos. Para acadar máis información, a persoas interesadas poden visitar a web da Universidade de Verán 2013.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2013.