Ir o contido principal

Curso de verán sobre primeiros auxilios en centros escolares e técnicas para a súa prevención

Curso de verán sobre primeiros auxilios en centros escolares e técnicas para a súa prevención
Curso de verán sobre primeiros auxilios en centros escolares e técnicas para a súa prevención

O programa da Universidade de verán da USC inclúe a comezos de xuño en Santiago un curso sobre primeiros auxilios en centros escolares destinado aos profesionais do ensino.

Do 7 ao 10 de xuño na Facultade de Ciencia da Educación, profesores de Formación de Profesorado e médicos explicarán en diversos relatorios cales son os accidentes máis frecuentes e as técnicas para a súa prevención e cómo activar a cadea de supervivencia e traslado dende un centro escolar ata un de emerxencias. O curso pretende capacitar os profesionais do ensino cos novos materiais de inmobilización e familiarizalos coas técnicas actuais de soporte vital básico, entre outras cuestións.

As xornadas inclúen ademais dous obradoiros prácticos, un sobre a manobra de Heimlich e outro sobre inmobilizacións, traslados e vendaxes na escola.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2016.