Ir o contido principal

Un curso en xullo explora a técnica de virtualización de obxectos mediante nubes de puntos

A virtualización de obxectos mediante nubes de puntos é unha técnica de representación empregada en múltiples disciplinas como a documentación patrimonial, a arquitectura, a escultura, a xeomorfoloxía, a enxeñaría, a medicina, a veterinaria ou a animación 3D entre outras. Dadas as súas múltiples aplicacións, a USC organizará a mediados deste mes de xullo as III Xornadas Técnicas de Virtualización de obxectos mediante nubes de puntos con Photomodeler Scanner. O curso está configurado arredor de dous módulos, un primeiro con coñecementos básicos sobre esta ferramenta e un segundo xa para proporcionar a capacidade de obter nubes de puntos mediante técnicas de baixo custe. Cada estudante empregará a súa propia cámara, trípode e portátil, así como a demo do software que se lle proporcionará. De orientación práctica, non son necesarios coñecementos previos de fotogrametría para alcanzar os obxectivos previstos. Impartirán as distintas sesións na Facultade de Medicina Santiago Martínez, Juan Ortiz, Mariluz Gil e Jacobo Rodríguez, do grupo de investigación para a Documentación en 3D (USCAN3D) e Jorge Cueli de Punto Arquitectura. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar http://webspersoais.usc.es/export9/sites/xornal/persoais/ml.gil/descargas/Triptico_Jornadas_PMS_Julio_2012.pdf.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2012.