Ir o contido principal

Os cursos estivais abordan a ‘Educación inclusiva para o desenvolvemento comunitario’

Relatorios, obradoiros, mesas redondas, testemuñas, simulacións e experiencias pedagóxicas de campo propiciarán entre os días 21 e 22 de xullo o debate arredor da ‘Educación inclusiva para o desenvolvemento comunitario’. Este curso celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) baixo a dirección de Germán Vargas. Na primeira xornada falarase sobre a relación de educación e comunidade orientada ao logro de mellores condicións de vida e sobre as características das comunidades sostibles no contexto contemporáneo. De xeito complementario celebrarase un obradoiro dedicado á arte comunitaria como estratexia para a dinamización educativa da comunidade e unha mesa redonda na que se porán en común experiencias de intervención educativa en comunidades urbanas e rurais. Na sesión do día 22 será a quenda do debate sobre valor e potencialidades educativa da comunidade e sobre os principios e orientación para a construción de comunidades sostibles. Xuntas estas dúas reflexión teóricas desenvolveranse testemuños sobre a dinamización das comunidades rurais dende a acción educativa institucional e unha simulación sobre os procesos participativos na construción de comunidades sostibles. Ademais presentarase unha experiencia educativa de campo sobre as hortas comunitarias como ensio social e educativo en Santiago.

As persoas interesadas poden ampliar esta información na web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran09_11.htm. Ademais, trátase dunha actividade recoñecida como formación permanente do profesorado non universitario pola Consellaría de Educación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2011.