Ir o contido principal

Cursos intensivos de Inglés, francés, alemán, checo, italiano e portugués

Celebraranse do 12 ao 23 de xullo en Santiago e Lugo

Cunha carga lectiva de 40 horas, o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) organizará cursos intensivos de idiomas no verán tanto en Santiago como en Lugo. No Campus de Compostela ofértanse cursos de inglés (niveis intermedio e avanzado), francés, alemán, checo, italiano e portugués dirixidos especialmente a alumnos cunha bolsa Sócrates-Erasmus para o curso 2010-2011 así como a todas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas. No campus lugués a oferta abarcará inglés, francés, alemán e italiano. Cun prezo de 150 euros para quen forme parte da comunidade universitaria da USC e de 175 para o resto, os cursos celebraranse do 12 ao 23 de xullo. A matrícula realizarase a través da páxina web, ou excepcionalmente de xeito presencial no Negociado do propio CLM, ata o 8 de xullo de 2010. No caso dos cursos de inglés e francés de Compostela, o 6 de xullo haberá unha proba de nivel de inglés ás 10:00 horas nas Aulas B, C e D de Filoloxía e outra para francés, ás 11:30 horas na Aula 8 do mesmo centro. Outros cursos

Ademais destas propostas, no campus santiagués o CLM organizará cursos de árabe, chinés, español comercial, grego moderno, linguaxe de signos, polaco, rumano e ruso, que se celebrarán nas mesmas datas e coa mesma duración. Estes cursos poderán ser validados por créditos de libre configuración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2010.