Cursos Internacionais busca familias compostelás para aloxar estudantado estranxeiro
A Oficina de Cursos Internacionais da USC coordina o programa de aloxamento en familias de estudantado estranxeiro que cursará estudos en Santiago en distintos período ao longo de todo o ano. As familias interesadas deberán dirixirse á Oficina (Avda. das Ciencias, chalet 2. Campus Vida) a través do do correo electrónico cursos.internacionales [at] usc.es (cursos[dot]internacionales[at]usc[dot]es) (á atención de Lola) ou tamén ao número de teléfono 881.814.497.
O alumnado estranxeiro desprazado a Compostela coa oferta de Cursos Internacionais dispón entre as opcións de aloxamento a de permanecer cunha familia ao longo da súa estadía na cidade. Este programa de aloxamento consiste en recibir un/ha estudante durante o tempo que dure o seu curso, un mínimo de días semanas, e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumnado disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía.