Cursos Internacionais xestiona o aloxamento en familias compostelás para estudantes estranxeiros
Cursos Internacionais da USC oferta aos estudantes dos seus cursos de lingua e cultura para estranxeiros a posibilidade de aloxarse nunha familia compostelá para integrarse, na medida do posible, nun ambiente familiar.
O estudante permanecerá na casa o tempo que dura o seu curso (un mínimo de dúas semanas e un máximo de doce) con dereito a habitación individual e réxime de pensión completa. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía.
Os interesados en aloxar estudantes estranxeiros poden poñerse en contacto coa oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur, Santiago. Tel: 981-597035. E.mail: linguas [at] usc.es (linguas[at]usc[dot]es)).