Ir o contido principal

Os cursos de verán da USC debaterán en Ribeira sobre a educación e cultura marítima en Galicia

Os cursos de verán da USC debaterán en Ribeira sobre a educación e cultura marítima en Galicia
Os cursos de verán da USC debaterán en Ribeira sobre a educación e cultura marítima en Galicia

A Universidade de Verán 2012 achegará ao concello de Ribeira un curso que entre os días 16 e 19 de xullo abrirá un debate sobre ‘Educación e cultura marítima en Galicia’. Neste tres días investigadores e docentes das Universidades de Santiago e a Coruña, xunto a representantes da administración autonómica galega, de empresas ou do ensino secundario iniciarán un achegamento ao tema de estudo dende unha perspectiva múltiples. Ao longo de 30 horas lectivas, o curso procurará ofrecer ás persoas que asistan a vinculación do mundo do mar e da cultura marítima coa sustentabilidade, a educación, a innovación, a seguridade ou mesmo dende a perspectiva de xénero. A faceta económica, o tratamento museístico e didáctico do ámbito mariñeiros ou o coidado do mar son outros asuntos presentes nas intervencións programadas e que se desenvolverán no Auditorio Municipal de Ribeira. Esta é unha actividade que organiza o grupo de investigación Esculca co cofinanciamento do Concello de Ribeira e que está recoñecida como actividade homologada de formación permanente do profesorado non universitario por parte da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ademais, o alumnado da USC que se matricule poderá optar a validar a súa asistencia por dous créditos de libre configuración.

Máis información na web http://www.usc.es/cultura/uveran30_12.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2012.