Danza contemporánea, tradicional galega, danzaterapia e baile latino, a oferta formativa do Espazo de Danza da USC
O Espazo de Danza da Universidade de Santiago que dirixe Juan Carlos Zahera mantén aínda aberta a matrícula nalgúns dos cursos que imparte este ano académico no campus de Santiago. As persoas interesadas poderán así iniciarse na danza contemporánea ou continuar co seu desenvolvemento, ou ben asistir a clases de danzaterapia, baile latino ou danzas tradicionais galegas como a muiñeira, a carballesa e a xota. Os cursos Juan Carlos Zahera é o responsable de impartir os cursos de iniciación de danza contemporánea para adquirir coñecementos elementais básicos, mentres que Xiana Vilas é a responsable do curso máis avanzado no que se lle achega aos participantes técnicas para o movemento individual. Iniciarse no mundo das terapias artísticas a través do movemento involuntario sistémico, o expresivo-emocional e a expresión corporal é o obxecto do curso de danzaterapia que imparte ata abril o psicopedagogo Daniel Pregal. Pola súa banda, Xoana Pintos será a encargada do curso de danzas tradicionais galegas e cuxa duración se estende ata finais de maio. Por último, a USC ofrece tamén cursos de bailes latinos –salsa, bachata, merengue, conga e roda cubana– nos niveis de iniciación, intermedio e avanzado. Miguel David Herrera é o seu responsable.