Ir o contido principal

Debaten sobre a problemática de xénero no Centro de Estudos Avanzados

Debaten sobre a problemática de xénero no Centro de Estudos Avanzados
Debaten sobre a problemática de xénero no Centro de Estudos Avanzados
Na xornada, de inscrición gratuíta, participarán persoas cunha valiosa traxectoria investigadora e de preocupación por esta temática

A Oficina de Igualdade de Xénero organiza o vindeiro 9 de xullo no Centro de Estudos Avanzados unha Xornada de Investigación e Xénero na USC. A inscrición, gratuíta, estará aberta ata o 5 de xullo. O propósito da xornada é dar lugar a un punto de encontro e debate das persoas interesadas e involucradas nas temáticas de xénero. Con este fin organízanse tres mesas redondas sobre conciliación da vida laboral e persoal, violencia de xénero e universitarias e mercado laboral. As persoas participantes teñen unha valiosa traxectoria investigadora e de preocupación por esta problemática con aproximacións dende distintas disciplinas da USC. Así, participan docentes de Ciencias Políticas e de Administración, de Ciencias Económicas e Empresariais, Matemáticas, Dereito, Filoloxía e Ciencias da Educación, e a directora de Woman Emprende.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2012.