Ir o contido principal

Tres décadas de convivencia co VIH, unha reflexión na USC

Tres décadas de convivencia co VIH, unha reflexión na USC
Tres décadas de convivencia co VIH, unha reflexión na USC

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Loita contra a Sida, a Universidade de Santiago organiza o mércores 4 unha xornada de reflexión profunda acerca dos 30 anos de vida do VIH, avaliando tanto a vertente científica coma o seu impacto social. Será na Igrexa de Mazarelos onde o médico do CHUS Antonio Antela, coordinador da Unidade de Enfermidades Infecciosas e profesor da USC, pronuncie a conferencia ‘A infección por VIH en 2013: fitos conseguidos e desafíos pendentes’, que dará pé a un debate no que participarán a presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Sofía Riveiro; o responsable de Lazos Compostela, Javier Rocamora; o psicólogo Manuel Alonso; a responsable de Aleas-EU, Noel Dopazo; a traballadora dun centro Quérote +, Noa Tilve Cabada; e o coordinador de 7 Cores Compostela-PSdeG, Gonzalo Diz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2013.