A decana de Ciencias Políticas e Sociais toma posesión do seu cargo
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, preside este venres 26 a toma de posesión da decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Nieves Lagares Díez.
O acto protocolario terá lugar ás 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.