Ir o contido principal

O decano de Filosofía recolleu o XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística

O decano de Filosofía recolleu o XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística
O decano de Filosofía recolleu o XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística

O decano de Filosofia da USC, Luís García Soto, recolleu esta semana en Ferrol o XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística na modalidade de ensaio polo seu traballo ‘O labirinto da saudade’. O acto estivo presidido polo alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela. O xurado, que outorgou o galardón por unanimidade, estivo presidido polo concelleiro de Cultura de Ferrol e composto ademais pola profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández-Pérez Sanjulián; o enxeñeiro, economista e escritor Camilo Nogueira Román; a documentalista, escritora e tradutora María Ángeles García Sumay; a xornalista Montserrat Dopico González; e o gañador da anterior edición, Manuel Castelao.

No acto de entrega do premio, García Soto manifestou a súa satisfacción por recibir un galardón que leva o nome de quen foi o seu mestre. “Recompensa ver o meu nome unido ao do prestixioso profesor e ao do Concello de Ferrol”, dixo. O profesor da USC cualificou o traballo gañador como “un percorrido do que outros dixeron e fixeron sobre a saudade, o pensamento, a arte, a pintura e a escultura de Galicia e Portugal”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2013.