Ir o contido principal

Os decanos de Economía e Empresa de España reúnense esta semana en Santiago

A Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE) reunirase este xoves 24 e venres 25 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A inauguración da xuntanza terá lugar este xoves ás 10:00 horas no salón de graos do centro. Nela participarán a directora da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (Aneca), Zulima Fernández, e o secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, José Díez de Castro, ademais da decana da facultade compostelá, Maite Cancelo. Na reunión, cuxos resultados e propostas de actuación farán públicos o venres 25, valorarán as adaptacións, transformacións, novas ofertas e ordenación académica dos novos títulos de grao, ademais dos perfís académicos e profesionais dos másters e doutoramentos. As condicións formativas e legais para o exercicio da profesión do economista, a II Olimpíada Española de Economía e a avaliación da investigación nas áreas de Economía e Empresa serán outras cuestións a tratar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2010.