Ir o contido principal

A décimo sétima edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia levantará o pano o xoves

Cartel da Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2016
Cartel da Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2016

Agrupacións universitarias de toda Galicia reuniranse a partir do vindeiro xoves 21 na décimo sétima edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia organizado pola USC. Ata o día 1 de maio, o Salón Teatro e o Teatro Principal de Santiago acollen un total de quince representacións doutras tantas compañías universitarias.

O pano do Festival levantarase o xoves 21 no Salón Teatro a partir das 21.00 horas. A entrada para todas as representación será gratuíta previo paso polo despacho de entradas, que abrirá ás 18.30 no Teatro Principal, e dende as 19.00 horas para as obras que se presenten no Salón Teatro. Neste edición presentarán as súa propostas ESAD, TroulaLoura, Lobishomes Teatro, a Compañía de Teatro do campus de Lugo, TikTak Teatro, Tolemia, La Barata, Vacaloura Teátrica, Teatro no Aramio, Maricastaña - Aula de Teatro do Campus de Ourense, GN Teatro, Aula de Teatro Normal UDC, Polaroid Teatro, ARTías Teatro, Pinchacarneiro Teatro.

Organizado pola Aula de Teatro da USC, este festival conta coa colaboración do Centro Dramático Galego, a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e o Salón Teatro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2016.