Ir o contido principal

O decolonialismo a debate na USC

O decolonialismo a debate na USC
O decolonialismo a debate na USC

O investigador da Universidade de Berkeley (EE.UU.) Ramón Grosfoguel participa esta tarde, a partir das 19.00 horas, na Zona C no coloquio ‘Unha ollada ao decolonialismo. Cara a outras relacións Sur-Norte’ que organiza o Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns. Un espazo crítico de pensamento e acción impulsado pola USC a través do grupo de investigación Histagra, os sete grupos da rede REVOLTA e o colectivo Montenoso.

A teoría decolonial, da que Ramón Grosfoguel é un recoñecido investigador, considera que os efectos do colonialismo europeo non cesaron cos procesos de descolonización e e independencia nacional nos séculos XIX e XX, persistindo na cultura e nas formas de pensar. Para reverter o proceso, o profesor da Universidade de Berkeley propón un xiro decolonial que deconstrúa as visións universalistas do coñecemento, partindo dun pluralismo epistemolóxico onde teñan cabida diferentes formas de ver/entender o mundo.

O debate, aberto á participación de calquera persoa interesada, proponse como punto de partida do Programa de Estudos en Man Común, co obxectivo de repensar a relación de Galicia no mundo e da necesidade de acercarse a outros procesos de reivindicación deses pluralismos epistemolóxicos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2016.