Ir o contido principal

Unha delegación china visita a USC para preparar o III Foro de Reitores Hispano-Chino

Do 12 ao 13 de abril terá lugar en Santiago o III Foro de Reitores Hispano-Chino co que se dá continuidade ás celebradas en Shanghai (2007) e en Madrid (2005) baixo o auspicio dos Ministerios de Educación e Asuntos Exteriores de España e China.
Para perfilar o encontro en Santiago, este xoves a USC recibe unha delegación de China formada polo subdirector do Instituto Confucio, Ma Jian Fei; o director da Oficina de Asuntos Europeos do Ministerio chino de Educación, Yang Xiao Chun; o director para o Intercambio Internacional do mesmo Ministerio, Fu Bo; e o agregado de Educación da Embaixada de China, Wang Zhiwei.
A comitiva, acompañada do reitor Senén Barro e do vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino, explicará os detalles deste terceiro foro de reitores este xoves 25 nunha rolda de prensa ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2010.