Unha delegación da universidade peruana San Martín de Porres de Lima visita a USC

O vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, recibiu esta mañá en San Xerome ao grupo de estudantes e docentes da Universidade San Martín de Porres de Lima (Perú) que estes días participa nun seminario de formación de especialistas en autoavaliación e acreditación universitaria.
A Xosé Pereira acompañábao ademais Eduardo López Pereira, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) encargada do seminario.