Ir o contido principal

Unha delegación da Universidade de Swansea visita a USC

O reitor Juan Viaño no centro da imaxe, xunto a Rubén C. Lois (á esquerda), no encontro con Richard B. Davies e Mike Sullivan en San Xerome
O reitor Juan Viaño no centro da imaxe, xunto a Rubén C. Lois (á esquerda), no encontro con Richard B. Davies e Mike Sullivan en San Xerome

O reitor Juan Viaño recibiu a visita dunha representación da Universidade de Swansea que se atopa en Santiago para realizar un seguimento do convenio marco asinado entre as dúas institucións en 2011. Así, recibiu ao vicerreitor da institución galesa, Richard B. Davies, e ao responsable da Área de Relacións Estratéxicas de Swansea, Mike Sullivan, aos que tamén acompañaba o director da Fundación Centro de Estudos Eurorrexinarios Galicia-Norte de Portugal (CEER), Rubén C. Lois. O encontro, ao que precedeu outra xuntanza co vicerreitor de Internacionalización da USC, permitiu profundar nas distintas posibilidades para avanzar no desenvolvemento do acordo marco asinado e atopar novas vías de colaboración neste contexto, incluída a busca de financiamento a través de diferentes convocatorias. Neste senso, a universidade galesa subliñou a importancia desta colaboración coa institución académica compostelá por considerala un socio estratéxico para o desenvolvemento dos seus fins con contexto internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2014.