O Departamento de Latín e Grego homenaxea á profesora Manuela Domínguez García
O Departamento de Latín e Grego da USC renderalle este xoves 30 unha homenaxe á profesora Manuela Domínguez García, nunha sesión que presidirá o reitor Juan Casares a partir das 12:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC. A directora do Departamento, Helena de Carlos Villamarín, abrirá a quenda de intervención, continuando co catedrático de Filoloxía Latina da USC, José Manuel Díaz de Bustamante. A continuará tomarán a palabra María Virtudes Pardo, bibliotecaria xubilada da USC, o profesor de Historia Medieval José M. Andrade Cernadas e o catedrático xubilado de Filoloxía Latina da Universidade de Lisboa, Aires A. Nascimento. As palabras do decano da Facultade de Xeografía e Historia, Ernesto González Seoane, precederán ao reitor compostelán Juan Casares que clausurará a sesión.