O deportista paquistaní Mohamed Yasin imparte estes días na USC uns adestramentos de hóquei
A Universidade compostelá quere darlle un novo pulo a este deporte olímpico
O ex xogador de hóquei da Selección Nacional do Paquistán, Mohamed Yasin, imparte estes días na USC uns adestramentos teórico-prácticos sobre este deporte olímpico. Coa iniciativa a Vicerreitoría de Cultura, que estuda a posibilidade de formar unha escola deportiva, pretende dar pulo a un deporte que se practica no campo universitario de hóquei herba en Santiago.
Mohamed Yasin conta cun importante currículo deportivo, entre o que destaca ter sido adestrador nacional español e internacional no Paquistán. Na actualidade milita como xogador na División de Honra.
As actividades están abertas a toda á comunidade da USC que practica este deporte e, en especial, para todos os xogadores dos equipos da Liga Universitaria.